Terras de Auga e Cultura. Concello de Lugo
Dentro do programa de Terras de Auga e Cultura do Concello de Lugo hoxe fixemos a ultima, por este ano, da sección de etnografía. Foi un paseo polo Lugo Barroco onde visitamos un bo número destos edificios nos que a nosa cidade ten moito que dicir. As espectativas cumpríronse con creces xa que das 35 prazas ofertadas o paseo o terminamos facendo 50 persoas. Teño que agradecer moitisimo a todos os participantes o exquisito trato e o cariño que domingo a domingo me regalachedes nestos catro anos que levo facendo estas excursións. Todo un pracer acompañarvos e gracias de verdade por facer de cada unha delas algo inolvidable. Na de hoxe tamén teño que agradecer a Manolo do Pazo de Orban abrirnos as portas de par en par de esa xoia que ten por casa e tamen agradecer a Paquita da Torre de San Paio de Narla todo os detalles, mimos e sorpresas que sempre nos ten preparadas.
Algúns dos participantes no paseo histórico do pasado sabado 27 onde tivemos a ocasion de visitar o balneario, a ponte vella e o hospital de San Lázaro. Grazas sinceramente pola vosa compañía.
Pois aqui estamos quentandonos na chimenea de san paio de narla nunha excursion do concello de Lugo de Visitas Terras De Auga e Cultura